Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (574/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do social se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 574/2019, e sendo parte nel, como demandante, Óscar Martínez Rojo, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, e, como demandados, Eurofrut Santiago, S.L. e Luis Alberto García-Pombo Fernández, como o seu administrador concursal, e Hiper Frutas Santiago, S.L., todos os cales non comparecen malia a súa citación en forma legal, igual ca o Fondo de Garantía Salarial; e a Administración concursal de Hiper Frutas Santiago, S.L. na persoa de Marta Caramés González, sobre despedimento obxectivo individual, pronunciou esta sentenza, en nome do rei e sobre a base da seguinte resolución:

Que, aceptando a pretensión subsidiaria da demanda interposta por Óscar Martínez Rojo contra Eurofrut Santiago, S.L.; Luis Alberto Pombo Fernández, como administrador concursal de Eurofrut Santiago, S.L.; Hiper Frutas Santiago, S.L.; Marta Caramés González, como administradora concursal de Hiper Frutas Santiago, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, declaro:

A improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola mercantil Eurofrut Santiago, S.L., con data de efectos do día 28.6.2019, e, ao non ser realizable a readmisión, debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e as mercantís demandadas.

Debo condenar e condeno as mercantís Eurofrut Santiago, S.L. e Hiper Frutas Santiago, S.L. a estar e pasar pola anterior declaración e a que, de forma solidaria, lle aboen ao demandante a suma de 10.064,17 euros, en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data desta resolución, e a suma de 11.058,84 euros brutos en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a extinción da relación laboral na presente resolución.

Debo condenar e condeno a Administración concursal de ambas as dúas entidades, na súa única condición de tal, a estar e pasar polas anteriores declaracións e pola condena da mercantil concursada.

Coa responsabilidade, se é o caso, do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: advírtense as partes de que contra esta sentenza pode interporse recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación e designando letrado ou graduado social colexiado para a súa tramitación. Advírtese o recorrente que non fose traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, nin gozase do dereito de asistencia xurídica gratuíta, de que deberá acreditar, ao mesmo tempo de interpolo, ter ingresado o importe de 300 euros na conta ES55 0049 3569 9200 0500 1274 con nº 5076-0000-65-0574-19, concepto "recursos" do Banco de Santander, e achegar o xustificante acreditativo. Se a sentenza impugnada condenou ao pagamento dunha cantidade, tamén se debe acreditar ter consignado a devandita cantidade na referida conta no momento do anuncio, salvo o beneficiario de xustiza gratuíta. Esta consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro no primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito. Se o recorrente for entidade xestora e tiver sido condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso deberá xuntar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que tiver sido condenada ao pagamento dunha pensión da Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social logo de determinación por esta do seu importe unha vez lle sexa comunicada polo xulgado.

Os prazos comezarán a contar unha vez que se alce a suspensión dos prazos procesuais por parte da autoridade competente.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso no cal foi ditada só se poderá levar a cabo logo da disociación dos datos de carácter persoal que contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación e citación a Eurofrut Santiago, S.L. e a Hiper Frutas Santiago, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza