Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 26 de maio de 2020 Páx. 21292

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3636/2019-MJC).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3636/2019-MJC

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 662/2017. Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente/s: Ambuibérica, S.L.

Avogado: Ricardo Pérez Seoane

Recorrido/s: Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e David Rosua Pomares

Avogado/a: letrado do Fogasa, Ángeles Cancela Regueiro

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3636/2019 desta sección, seguido por instancia de Ambuibérica, S.L. contra o Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e David Rosua Pomares, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Ambuibérica, S.L. contra a Sentenza do 7 de febreiro de 2019 ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela no procedemento número 60/2019, sobre cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

De conformidade co artigo 235.1 da LXS, procede impoñer á empresa demandada recorrente o aboamento dos honorarios do letrado da demandante impugnante do recurso, na contía de 550 euros. Déase aos depósitos constituídos o destino legal correspondente.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no boletín oficial da comunidade, o DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza