Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 26 de maio de 2020 Páx. 21294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (894/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubio Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 894/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Evelia Chicharro González contra o Fondo de Garantía Salarial, Carmen Lamas Domínguez sobre ordinario, se ditou resolución de data do 30.3.2020 contra a que non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS e fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carmen Lamas Domínguez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza