Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 26 de maio de 2020 Páx. 21295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 177/2017).

Eu, Marina Piar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 177/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Tejo Nieto contra a empresa Elecnor, S.A., Malga, S.L., Pedro Moreno Vázquez, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa resolución se achega:

Resolución:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Jesús Tejo Nieto contra Elecnor, S.A., Malga, S.L., Pedro Moreno Vázquez, como administrador concursal de Malga, S.L., e contra o Fondo de Garantía Salarial, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Malga, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 17.572,31 euros en concepto de diferenzas salariais devindicadas no período que abrangue desde febreiro de 2016 a xaneiro de 2017, ambos os dous inclusive, coa desagregación sinalada no fundamento xurídico terceiro desta resolución, máis o xuro previsto no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e o do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución sobre os conceptos salariais (que comportan 15.667,57 euros), e os xuros do artigo 1108 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e o do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución sobre os conceptos indemnizatorios (que comportan 1.904,74 euros); e todo iso coa responsabilidade solidaria de Elecnor, S.A. ata a cantidade de 13.505,51 euros en concepto de diferenzas salariais do período de febreiro de 2016 a xaneiro de 2017, coa desagregación efectuada no fundamento xurídico cuarto desta resolución.

2. Debo condenar e condeno a Pedro Moreno Vázquez, na súa única condición de administrador concursal de Malga, S.L. a se ater á anterior declaración e condena.

3. Declárase a responsabilidade subsidiaria do Fogasa respecto dos conceptos de natureza salarial, dentro dos límites que resultan da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Malga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza