Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 26 de maio de 2020 Páx. 21297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se extingue a autorización ambiental integrada 2007/0033_NAA/IPPC_092 dunha explotación porcina de porcos de ceba, no lugar da Baloira, Santa Mariña de Brañas, concello de Toques.

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: María Placeres Fraíz García

Localización: A Baloira, Santa Mariña de Brañas,

concello de Toques (A Coruña)

Expediente: 2007/0033_NAA/IPPC_092

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, presencialmente, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático