Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 20 de maio de 2020 Páx. 20835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea J.G.A. V.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión inter vivos da batea J.G.A. V e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O 25 de abril de 2019, José Ramón, Claudio e María Valentina Fungueiriño Castro solicitaron autorización para a transmisión da concesión e da batea J.G.A. V, a favor de Mejilloneras Evama, S.L.

Segundo. Os solicitantes presentaron toda a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente son favorables.

B ) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mejilloneras Evama, S.L., da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.G.A. V.

Localización:

Cuadrícula nº: 98.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión administrativa.

Orde de outorgamento: 10.1.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Ramón Fungueiriño Castro (***5223**), Claudio Fungueiriño Castro (***0693**) e Maria Valentina Fungueiriño Castro (***3691**).

Nova titular: Mejilloneras Evama, S.L. (***5034**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os titulares actuais deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas dos anteriores titulares desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, de ser o caso, as súas prórrogas, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 21 de abril de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións (Resolución do 6.11.2019)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños