Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 20 de maio de 2020 Páx. 20834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019130TA-CO, por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2019130TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña á persoa/entidade que se sinala no anexo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2019130TA-CO.

Documento de identificación: B70518295.

Último enderezo coñecido: travesía de Rianxo 5 baixo, 15009 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: unha infracción grave e unha leve.

Sanción imposta: 676 €.