Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 20 de maio de 2020 Páx. 20838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % por parte da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos devanditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do devandito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento por parte da Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal; o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos.

a) Título: servizo para a redacción do proxecto modificado nº 1 de mellora do saneamento de Cedeira, fase I. Cedeira (A Coruña).

Clave do expediente: GA.19053.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base: importe neto: 10.710 euros. Importe total: 12.959,10 euros.

Prazo de execución: 6 semanas.

Importe da adxudicación: importe neto: 10.610 euros. Importe total: 12.838,10 euros.

Empresa contratista: Ingeniería Insitu, S.L.

b) Título: servizo de estudo sobre o estado do emisario submarino da estación depuradora de augas residuais de Viveiro (Lugo).

Clave do expediente: GA.19092.

CPV (referencia de nomenclatura): 71000000-8 (servizos de arquitectura, construción, enxeñaría e inspección).

Orzamento base: importe neto: 14.934,50 euros. Importe total: 18.070,75 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.750 euros. Importe total: 17.847,50 euros.

Empresa contratista: Idom Consulting, Engineering, Architecture, S.A.U.

c) Título: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra hidráulica de abastecemento e saneamento en Formigoso, A Acea e A Lamela. Baños de Molgas (Ourense).

Clave do expediente: GA.19105.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base: importe neto: 11.806,70 euros. Importe total: 14.286,11 euros.

Prazo de execución: 5 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 9.650 euros. Importe total: 11.676,50 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

d) Título: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra hidráulica de saneamento e abastecemento na parroquia de Larín, nos lugares de Areal, Pedroso e Coque. Arteixo (A Coruña).

Clave do expediente: GA.19106.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base: importe neto: 9.279,08 euros. Importe total: 11.227,69 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 6.795 euros. Importe total: 8.221,95 euros.

Empresa contratista: L2 Ingeniería y Consulting Galicia, S.C.P.

3. Información sobre o cofinanciamento dos contratos con fondos da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior cofinánciaas a Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais, submedida 7.2 Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético, e prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. «Europa inviste no rural».

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia