Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 16 de abril de 2020 Páx. 18417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da aprobación de unidades de admisión e da súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

A publicación do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.

No punto 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización utilizaranse unicamente materiais de base autorizados.

O punto 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.

Así mesmo, o punto 3 do mesmo artigo indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados, efectuaraa o órgano competente da respectiva Comunidade Autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se deberá solicitar autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á selvicultura á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, como órgano competente da Administración da Comunidade Autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.

Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal procederá á inscrición do material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.

En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución da categoría cualificada, conforme o disposto no anexo IV.2 do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal mediante a Resolución do 23 de marzo de 2020 procedeu á autorización de seis proxenitores de familia de Pinus pinaster da categoría material cualificado no territorio da Comunidade de Galicia que aparece relacionado no anexo desta resolución, así como á súa inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2020

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO

Especie: Pinus pinaster Ait.

Nº rex.

Código

galego

Código

estatal

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Lonxitude

Latitude

Alt.
(m)

Sup. (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade

MB

Institución proposta material base

214

ES/15/ppa/3/1a/4/1/2

PF-Q-26/15/001

A Braxe

HS-C-26/001

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

A Coruña

Cedeira

7º58´40,783´´O

43º40´10,219´´N

385-435

10,2

Q

PF

Autóctono

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

215

ES/15/ppa/3/1a/4/1/2

PF-Q-26/15/002

A Braxe

HS-C-26/001

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

A Coruña

Cedeira

7º58´36,101´´O

43º40´12,446´´N

385-435

10,2

Q

PF

Autóctono

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

216

ES/15/ppa/3/1a/4/1/2

PF-Q-26/15/003

A Braxe

HS-C-26/001

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

A Coruña

Cedeira

7º58´40,498´´O

43º40´13,814´´N

385-435

10,2

Q

PF

Autóctono

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

217

ES/15/ppa/3/1a/4/1/2

PF-Q-26/15/004

Cordal da Loba

HS-Q-26/001

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

A Coruña

Monfero

7º56´15,997´´O

43º17´54,751´´N

610-645

3,4

Q

PF

Autóctono

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

218

ES/15/ppa/3/1a/4/1/2

PF-Q-26/15/005

Cordal da Loba

HS-Q-26/001

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

A Coruña

Monfero

7º56´14,324´´O

43º17´56,518´´N

610-645

3,4

Q

PF

Autóctono

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

219

ES/15/ppa/3/1a/4/1/2

PF-Q-26/15/006

Cordal da Loba

HS-Q-26/001

Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

A Coruña

Monfero

7º56´15,493´´O

43º17´58,182´´N

610-645

3,4

Q

PF

Autóctono

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Nº rex.: número de rexistro.

Alt.: altitude.

Sup.: superficie.

Cat.: categoría.

MFR: material forestal de reprodución.

MB: material de base.

PF: proxenitor de familia.

Q: cualificado.