Anúnciase que a asemblea xeral extraordinaria e universal de Asegal, S. Coop. Gallega, celebrada o 29 de febreiro de 2020, adoptou por unanimidade, logo de aprobar o balance da sociedade previamente auditada externamente, a transformación desta cooperativa nunha sociedade de responsabilidade limitada que se chamará Asegal Estudio Empresarial, Sociedad Limitada, o que acredita o secretario co visto e prace do presidente.
O Carballiño, 1 de marzo de 2020
Fernando González Hermida
Secretario
Visto e prace
Agustín Marquina Fuentes
Presidente