Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 16 de abril de 2020 Páx. 18416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (dereitos fundamentais 125/20).

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o procedemento DF 125/20 (dereitos fundamentais), de Carlos María Vidal Pérez, contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, feito público pola Resolución do 12 de marzo de 2020 desta secretaría xeral técnica (DOG núm. 49 bis , do 12 de marzo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado tribunal, no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade