Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 6 de abril de 2020 Páx. 17926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de marzo de 2020, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-02844-O-2018 e un máis.

O director xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número PO-02844-O-2018 e outro por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolto polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2020

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persona sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Carretera-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

PO-02844-O-2018

3116-HDG

76583728F

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a m.m.a. total en vehículos con m.m.a. superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

27.3.2018; 08.13.00; PO-11; 3,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301

Desestimado

XC-00662-O-2017

0606-HBG

Transportar mercadorías perigosas en vultos ou sobreembalaxes etiquetados ou marcados inadecuadamente.

6.2.2017; 17.16.00; AG-11; 40,0

Art. 198.6.13 ROTT

Art. 141.5.12 LOTT

Art. 201.f) ROTT

Art. 143.1 LOTT

0

Estimado