Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 6 de abril de 2020 Páx. 17928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019119TA-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 26 de decembro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019119TA-OU incoado ao titular do NIF 34634572E, con enderezo na rúa Muralla, 28, 32600 Verín (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do NIF 34634572E, con enderezo na rúa Muralla, 28, 32600 Verín (Ourense), o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 6 de marzo de 2020

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2019119TA-OU.

NIF: 34634572E.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Muralla, 28, 32600 Verín (Ourense).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 7.u) e artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: grave (reincidente: expediente 2019024TA-OU).

Sanción proposta: novecentos euros (900 €).