Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 6 de abril de 2020 Páx. 17924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de marzo de 2020, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-01359-O-2019 e cinco máis.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-01359-O-2019 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2020

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción imposta

PO-01359-O-2019

0011-FHC

35316479W

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

18.10.2018; 18.24.00; VG-4.4; 13,0

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-01360-O-2019

0011-FHC

35316479W

Non levar inserido no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que este non figure no seu poder.

18.10.2018; 18.29.00; VG-4.4; 13,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-01361-O-2019

0011-FHC

35316479W

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

18.10.2018; 18.34.00; VG-4.4; 13,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-01362-O-2019

0011-FHC

35316479W

O inadecuado funcionamento imputable ao transportista do tacógrafo, ou dalgún dos seus elementos.

18.10.2018; 18.51.00; VG-4.4; 13,0

Art. 140.33 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-01453-S-2019

4434-CXJ

36166532K

Transportar mercadorías perigosas sen levar a bordo do vehículo unha carta de porte (ou calquera outra documentación exixible) que cubra todas as mercadorías transportadas, levala sen consignar cales son estas ou levala ilexible.

9.10.2018; 10.37.00; Avda. de Madrid con Camiño da Raposeira

Art. 140.15.8 LOTT

Art. 143.1 LOTT

4.001 euros

PO-01610-O-2019

9831-BTZ

52341954A

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

1.10.2018; 13.55.00; A-52; 294,0

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1 LOTT

1.001 euros