Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17757

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SSS 701/2016).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 701/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Transcoruña, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre seguridade social (incapacidade permanente), por instancia de Antonio Méndez Oubel, que comparece representado polo letrado Sr. Fraguela Solloso, e contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparecen representados pola letrada da Administración da Seguridade Social, Sra. Suárez Berea; a Mutua Fremap, que comparece representada pola letrada Sra. Gómez Lage, e a empresa Transcoruña, S.L., que non comparece, ditou a seguinte sentenza:

Decido que, desestimando a demanda interposta por Antonio Méndez Oubel contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a empresa Transcoruña, S.L., debo absolver e absolvo as partes demandadas de todos os pedimentos desta.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación.

Advírtase ao recorrente que se sexa entidade xestora ou que fose condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso, deberá achegar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación.

Se o recorrente é unha empresa ou mutua patronal que fose condenada ao pagamento dunha pensión da Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, logo de determinación por esta do seu importe, unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transcoruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza