Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1143/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1143/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Dono Pérez contra a empresa Ibercya Norte, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución que, aceptando a demanda interposta por Diego Dono Pérez contra a empresa Ibercya Norte, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de oito mil setecentos tres euros con quince céntimos (8.703,15 €), incrementada só en relación cos 7.608,99 € salariais co xuro por mora do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle efectúe a notificación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ibercya Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza