Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17760

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 88/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre ordinario 88/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Taberna El Gallinero, S.L.U., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo

Que estimando a demanda interposta por María Flor Gómez Rodríguez contra a empresa Taberna El Gallinero, S.L.U. e o Fogasa, condénase a empresa a aboar á demandante a cantidade de tres mil cento oitenta euros e corenta e nove céntimos (3.180,49 €) incrementada co xuro por mora do 10 % só no importe correspondente aos conceptos de natureza salarial (3.055,32 € do total reclamado).

Así mesmo, absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se l practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial; en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Taberna El Gallinero, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza