Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 120/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 120/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Pazos Rosales contra a empresa Dos Universa del Libro y Menaje, S.L., Universa Valladolid, S.L., sobre ordinario, ditouse decreto de insolvencia no día da data impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dos Universa del Libro y Menaje, S.L., Universa Valladolid, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza