Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 25/2020).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 25/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia da Fundación Laboral da Construcción contra a empresa Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L.U., sobre ordinario, se ditaron auto de data do 11.3.2020, recorrible en reposición no prazo de tres días, e decreto de data do 11.3.2020, recorrible en revisión en igual prazo, os cales se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de marzo de 2020

O letrado da Administración de xustiza