Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17756

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (642/2015).

Eu, Benita María Gándara Valije, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que no presente procedemento de FIL 642/2015, seguido por instancia de Nuno David Marques López fronte a Marta Fernández Eirabella e Ángel Ares Lorenzo, se ditou sentenza, cuxa resolución literal é a seguinte:

Resolución que desestimo a demanda interposta pola procuradora María Luisa Rendo Couto, en nome e representación de Nuno David Marques Lopes, fronte a Marta Fernández Eiravella e Ángel Ares Lorenzo, que quedan absoltos dos pedimentos da demanda.

Non se efectúa especial pronunciamento en materia de custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que non é firme e pode impugnarse mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. O recurso interpoñerase por medio do escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, e nel deberanse expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos impugnados.

Así, por esta sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

En relación cos datos de carácter persoal, sobre a súa confidencialidade e prohibición de transmisión ou comunicación por calquera medio ou procedemento, deberán ser tratados exclusivamente para os fins propios da Administración de xustiza.

E ao estaren os ditos demandados Marta Fernández Eirabella e Ángel Ares Lorenzo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 25 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza