Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 13/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 13/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Halima Bakhtari contra a empresa Fernando Santos García, sobre ordinario, se pronunciou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo:

Que, aceptando a demanda interposta por Halima Bakhtari contra a empresa Fernando Santos García, se condena a empresa demandada a aboarlle a Halima a cantidade de catorce mil novecentos vinte e dous euros e corenta e seis céntimos (14.922,46 euros) en concepto de salarios, incrementada co xuro por mora do 10 % e seiscentos sesenta e oito euros con dezasete céntimos en concepto de indemnización pola falta de aviso previo (668,17 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle efectúe a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial; en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario ao primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Fernando Santos García, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza