Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 25/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 25/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Novo Pelamios, S.L., e coa intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se achegan:

Sentenza.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante, Lidia Canle López, presentou con data do 9.1.2018 demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, solicitaba a condena da empresa ao aboamento das cantidades indicadas no suplico.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse para a celebración do acto de xuízo o día 19.2.2020, e compareceu unicamente a parte demandante. O xuízo desenvolveuse en todas as súas fases, tal e como consta na correspondente gravación audiovisual, deuse por terminado o acto e quedaron os autos vistos para sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta por Lidia Canle López contra a empresa Novo Pelamios, S.L. e o Fogasa, se condena a empresa a aboar á demandante a cantidade de oito mil cincocentos noventa e un euros e noventa e seis céntimos (8.591,96 euros), incrementada cos xuros por demora do 10 %.

Así mesmo, absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no banco Santander a nome desta oficina xudicial; no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario no primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Novo Pelamios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza