Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17709

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (484/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 484/2017 por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Ouaffa Hamzi, sobre OAL, nos cales se ditou Sentenza do 17.12.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada polo Instituto Nacional da Seguridade Social fronte a Ouaffa Hamzi e, en consecuencia:

– Declárase a revogación do dereito a percibir as prestacións de maternidade de Ouaffa Hamzi por carecer dos requisitos para acceder á citada prestación.

– Acórdase a restitución por parte de Ouaffa Hamzi da cantidade de 1.250,34 euros percibidos indebidamente en concepto de prestacións de maternidade.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, ou de graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Ouaffa Hamzi, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza