Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 125/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 125/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Braulio Barros Ares contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o nove de marzo de dous mil vinte.

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Non procede despachar a execución interesada fronte a Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L., por atopárense as entidades en fase de liquidación concursal.

– Despachar orde xeral de execución da Sentenza 221/2019, do 9.5.2019, ditada no procedemento DSP 166/18 a favor da parte executante, Braulio Barros Ares, fronte a Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L. e o Fogasa, parte executada, en forma solidaria, por importe de 69.180,99 euros en concepto de principal (20.490,24 euros en concepto de salarios de trámite, 48.690,75 euros en concepto de indemnización), máis outros 6.918,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza»

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o nove de marzo de dous mil vinte.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir as executadas de forma solidaria, Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 69.180,99 euros en concepto de principal (20.490,24 euros en concepto de salarios de trámite, 48.690,75 euros en concepto de indemnización), máis outros 6.918,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0125 19), con apercibimento de que, en caso de non formalizar o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza