Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 102/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 102/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Gómez Gesto contra Compañía de Protección Galaica, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dez de marzo de dous mil vinte.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Compañía de Protección Galaica, S.A. en situación de insolvencia total, por importe de 255,61 euros en concepto de principal (192,80 euros máis 62,81 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 25,56 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuación, logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diaro Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza