Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17704

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (ORD 176/2019).

Procedemento de orixe: MMC modificación de medidas suposto contencioso 176/2019

Sobre outras materias

Demandante: María José Amil Ramírez

Procurador: Manuel Sánchez Ortega

Avogado: José Alberto Nodar García

Demandado: Willian Germinari Castellano

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

Sentenza:

A Estrada, 5 de febreiro de 2020.

Vistos por mí, Alexandra Iglesias Cereijo, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, os autos do xuízo ordinario 323/2019 iniciados por María José Amil Ramírez, representada polo procurador dos tribunais Manuel Sánchez Ortega e asistida de letrado José Alberto Nodar García, contra Willian Germinari Castellano declarado en situación de rebeldía procesal. Intervén o Ministerio fiscal.

Fallo:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por María José Amil Ramírez representada polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega contra Willian Germinari Castellano declarado en situación de rebeldía procesual.

Acordo privar a Willian Germinari Castellano da patria potestade respecto de su filla menor E.G.A. e, en consecuencia, se atribúa de forma exclusiva a patria potestade á madre María José Amil Ramírez, así como o outorgamento a esta da guarda e custodia da menor.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Willian Germinri Castellano, expídese a presente notificación para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 21 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza