Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17702

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (923/2018).

Eu, María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, por medio deste edicto fago saber que no presente procedemento ordinario 923/2018, seguido por instancia de Cafés As Candelas, S.L. fronte a José Salmerón Hernández, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Sentenza:

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz: Deaño Rodríguez.

Lugar: Lugo.

Data: dez de xullo de dous mil dezanove.

Demandante: Cafés As Candelas, S.L.

Avogada: Eva López Pena.

Procurador: José Carlos Lagüela Andrade.

Demandado: José Salmerón Hernández.

Procedemento: ordinario 923/2018.F.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador José Carlos Lagüela Andrade, en nome e representación da entidade Cafés As Candelas, S.L., contra José Salmerón Hernández, e condeno a este a aboar á demadante a cantidade de sete mil cento corenta e un euros con vinte céntimos (7.141,2 euros) máis os xuros legais desde a reclamación xudicial.

Ademais, deberá condenarse ao demandado a aboar a cantidade de douscentos setenta euros con catro céntimos (270,04 euros) polas subministracións efectuadas e non pagadas, e aos xuros legais que se devindiquen sobre a dita suma desde a reclamación xudicial.

Tamén se deberá condenar o demandado a restituír á demandante os bens cedidos no momento en que se asinou o contrato, con data do 28 de outubro de 2010 (unha cafeteira Markus Control, dous grupos negra c/display, un muíño Compak K6, un muíño Compak K3, un filtro Brita C 300 e 6 ducias de vaixela marrón (3 ducias de cuncas de café só e 3 ducias de cuncas de almorzo).

Así mesmo, o demandante, unha vez aboado polo demandado o importe obxecto de condena, deberalle fornecer a este o café pendente, cincocentos corenta e un quilos (541 kg).

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda e manda José Luis Deaño Rodríguez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo e do seu partido.

E ao estar o dito demandado, José Salmerón Hernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 17 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza