Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17701

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de recurso contencioso-administrativo (4035/2020).

No presente órgano xudicial o procurador José Manuel Lado Fernández interpuxo recurso contencioso-administrativo número 4035/2020, en nome e representación de Organización de Productores de Mejillón de Galicia (Opmega), Asociación de Mejilloneros Gallegos (Amegal), Asociación de Mexilloeiros da Illa de Arousa, Femex Federación de Asociacións de Mexilloeiros, Amegrove, Sociedade Cooperativa Limitada, fronte á Consellería do Mar, o Decreto 153/2019, do 21.11.2019 (DOG do 9.12.2019), sobre regulación do réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación con data do 10.3.2020 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia en parte daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 11 de marzo de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza