Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17006

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribadavia

EDICTO de notificación de decreto (75/2019).

Liquidación de sociedades gananciais 75/2019.

Sobre liquidación de sociedade de gananciais.

Demandante: Amparo Losada Pousa.

Procurador: Alberto Pérez Rivas.

Avogada: María Natalia González Fidalgo.

Demandados: Margarita Bouzas Losada, Alberto Bouzas Losada.

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Decreto.

Letrado da Administración de xustiza: Patricia Vázquez Álvarez.

En Ribadavia o vinte e seis de novembro de dous mil dezanove.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Amparo Losada Pousa formulou demanda sobre liquidación do réxime económico matrimonial fronte a Margarita Bouzas Losada e Alberto Bouzas Losada, a cal foi admitida por Resolución do 18.2.2019, sinalándose día e hora para que as partes chegasen a un acordo e, na súa falta, designasen contador e, se é o caso, peritos, para a práctica das operacións divisorias.

Segundo. Que no día e hora sinalado non compareceron Margarita Bouzas Losada e Alberto Bouzas Losada, os cales foron notificados e citados por medio de edictos que se fixaron no taboleiro de anuncios deste xulgado ao non ser achados e descoñecerse outro domicilio.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De conformidade co disposto no artigo 810.4 da LAC, cando, sen mediar causa xustificada, algún dos cónxuxes non compareza no día sinalado, terase por conforme coa proposta de liquidación que efectúe o cónxuxe que comparecese. Neste caso, así como cando, despois de comparecer ambos os cónxuxes, cheguen a un acordo, consignarase este na acta e darase por concluído o acto, levándose a efecto o acordado conforme o previsto nos dous primeiros puntos do artigo 788 desta lei.

Segundo. No presente caso procede aprobar a proposta de liquidación de inventario presentada pola parte demandante o 26.11.2019.

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Aprobar a proposta de liquidación de inventario presentada polo procurador Alberto Pérez Rivas, en nome e representación de Amparo Losada Pousa.

2. Expedir testemuño da presente para a súa unión aos autos e unir o orixinal ao libro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito no que deberá citarse a infracción en que a resolución tivese incorrido.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se tivese resolto (artículo 454.bis LAC).

Para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, co número \NEG da entidade Banesto. Salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Margarita Bouzas Losada e Alberto Bouzas Losada, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ribadavia, 26 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza