Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17004

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (DCT 331/2018).

Divorcio contencioso 331/2018

Sobre divorcio contencioso

Demandante: María Yolanda Mallo García

Procuradora: Isabel Pensado Gómez

Avogado: Darío José Lema Paz

Demandado: José Santiago Quintáns Noya

Cédula de notificación:

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Xuízo de divorcio contencioso 331/2018.

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela.

Sentenza 403/19.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019.

Vistos por min Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial o presente xuízo de divorcio número 331/2018 promovido pola procuradora Sra. Pensado Gómez, en nome e representación de María Yolanda Mallo García, asistida do letrado Sr. Lema Paz, fronte a José Santiago Quintáns Noya maior de idade, salientado en autos declarado en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Santiago Quintáns Noya, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Pensado Gómez, en nome e representación de María Yolanda Mallo García, asistida do letrado Sr. Lema Paz, fronte a José Santiago Quintáns Noya, maior de idade, sinalado en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio e, en consecuencia, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído polos litigantes en data do 4.2.1989 en Santiago de Compostela inscrito ao tomo 84, páxina 54, sección 2ª, do Rexistro Civil desa localidade, transcorridos máis de tres meses de matrimonio despois de ditarse sentenza de separación do 18.12.1996 do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

O/a letrado/a da Administración de xustiza