Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17003

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (105/2019).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento ordinario 105/2019, seguido por instancia de Ilda María Lortes Liñares e representación da herdanza xacente de José Lores Miranda, fronte a José Devesa Martínez, herdanza xacente ou herdeiros descoñecidos e incertos, se ditou sentenza con data do 27.1.2020, contra a que cabe interpoñer recurso de apelación dentro do prazo de vinte días hábiles seguintes á súa notificación.

O texto íntegro da sentenza atópase no xulgado ao dispor do demandado, José Devesa Martínez, herdanza xacente ou herdeiros descoñecidos e incertos.

Expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma ao mesmo e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza