Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17001

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (786/2018).

Divorcio contencioso 786/2018

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Ana María García Herrera

Procuradora: Ana María López Calvete

Avogada: Carmen Silva Fernández

Demandado: José Villar Garrido

Cédula de notificación a José Villar Garrido

No procedemento de referencia ditouse sentenza do 24.2.2020, cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Sentenza 234/20.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 24 de febreiro de 2020.

Vistos os presentes autos número 786/2018 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. López, en nome e representación de Ana María García Herrera, como demandante asistida por letrado, fronte a José Villar Garrido, declarado en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Ana María García Herrera e José Villar Garrido con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal. Debe constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Villar Garrido, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 26 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza