Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14740

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2834/2019-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2834/2019-CON.

Xulgado de orixe/autos: OAL p. de oficio Autoridade Laboral 635/2017 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social.

Recorridos: Cristina Freire Calvo, Gineglobal, S.L., Víctor Manuel Cosme Raymundo, Domingo María Martínez de la Riva Etcheverría, Rebeca Pérez Fernández, Eline Bandín Van Loon, María Carolina Paladine Cerile, María Rodríguez Alonso, Juan Carlos Bermúdez León, Sanatorio Quirúrgico Modelo, S.L.

Avogados: (…), Beatriz Regos Concha, (…), (…), María José Abeleira Casado, (…), (…), (…), Ignacio Jesús Borregan Taranilla, María Rosa Gonzalo Bartolomé.

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2834/2019-CON desta sala, seguido por instancia de Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Cristina Freire Calvo, Gineglobal, S.L., Víctor Manuel Cosme Raymundo, Domingo María Martínez de la Riva Etcheverría, Rebeca Perez Fernández, Eline Bandín Van Loon, María Carolina Paladine Cerile, María Rodríguez Alonso, Juan Carlos Bermúdez León, Sanatorio Quirúrgico Modelo, S.L., sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social fronte á Sentenza de 4 de decembro de 2018 do Xulgado do Social número 5 da Coruña, ditada nos autos número 635/2017, seguidos fronte a Sanatorio Quirúrgico Modelo, S.L. e Gineglobal S.L., así como fronte a María Rodríguez Alonso; Juan Carlos Bermúdez León; Víctor Manuel Cosme Raymundo; Cristina Freire Calvo; Eline Bandín Van Loon; María Carolina Paladino Decile; Domingo María Pedro Martínez de la Riva Etcheverría; y Rebeca Pérez Fernández. Todo iso cos seguintes pronunciamentos:

1º. Declaramos o carácter laboral da relación xurídica entre Sanatorio Quirúrgico Modelo, S.L. e os codemandados María Rodríguez Alonso; Juan Carlos Bermúdez León; Víctor Manuel Cosme Raymundo; Cristina Freire Calvo; Eline Bandín Van Loon; María Carolina Paladino Decile; Domingo María Pedro Martínez de la Riva Etcheverría; e Rebeca Pérez Fernández. Todo iso nos períodos referidos nas facturas indicadas na sentenza de instancia.

2º. Mantense a absolución na instancia de Gineglobal, S.L.

3º. Sen custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cristina Freire Calvo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza