Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14738

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5595/2019).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5595/2019 desta sección, seguidos por instancia de Ana Belén Ferreiro Miranda contra o Fondo de Garantía Salarial, Ende Ben Ordes, S.L., e con intervención do Ministerio Fiscal, sobre resolución contrato, se ditou sentenza, do 7 de febreiro de 2020, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: estimando o recurso de suplicación interposto por Ana Belén Ferreiro Miranda contra a Sentenza do 13 de xuño de 2019 do Xulgado do Social número 5 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil Ende Ben Ordes Sociedad Limitada, con intervención do Ministerio Fiscal e con chamamento a xuízo do Fondo de Garantía Salarial, a Sala revógaa e, con estimación total da demanda reitora de actuacións, declaramos resolto no día da data desta sentenza o contrato de traballo existente entre Ana Belén Ferreiro Miranda e a entidade mercantil Ende Ben Ordes Sociedad Limitada, condenando a esta a aboarlle a aquela, como indemnización pola resolución, a cantidade de 13.536,41 euros, máis a cantidade de 6.000 euros polos danos e prexuízos causados pola existencia dunha vulneración do dereito fundamental á integridade moral recoñecido no artigo 15 da Constitución española.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ende Ben Ordes, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente resolución para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza