Cédula de notificación
No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:
«Xulgado de Primeira Instancia número 5
Santiago de Compostela
Sentenza 150/2019
Xuízo verbal 487/2018-6
Sentenza
En Santiago de Compostela o 18 de outubro de 2019.
Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 487/2018, seguidos por instancia da comunidade de propietarios de edificio sito na rúa Anxeriz, 25-27, do Milladoiro, representado polo procurador Sr. Belmonte Pose, baixo a asistencia letrada da Sra. Estévez Sánchez, contra Abdelkader Hallam, en situación de rebeldía procesual.
Resolución
Estímase a demanda presentada polo procurador Sr. Belmonte Pose, en nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase o demandado Abdelkader Hallam a aboar á demandante a cantidade de seiscentos setenta euros e sesenta e catro céntimos (670,64 €), máis os xuros legais contados desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas.
Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de apelación.
Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Abdelkader Hallam, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020
A letrada da Administración de xustiza