Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14483

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (DSP 197/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 197/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Marcial Señarís Cambón, sobre despedimento, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva di:

«Decido:

Que, estimando a demanda interposta por Elena Araceli Sierra Fernández contra a empresa Marcial Señarís Cambón e o Fogasa, se declara improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante o 26.1.2019 e se condena a empresa Marcial Señarís Cambón a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a demandante no seu posto de traballo ou indemnizala pola extinción da relación laboral coa cantidade –s. e. ou o.- de quiñentos corenta e seis euros e sesenta e dous céntimos (546,62 €); e con aboamento, só no caso de que se opte pola readmisión, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de trinta e nove euros e setenta e cinco céntimos (39,75 €) diarios.

A referida opción deberá exercerse no prazo de cinco días a partir da notificación desta resolución, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Así mesmo, condénase a empresa Marcial Señarís Cambón ao pagamento de mil sete euros e sesenta e seis céntimos pola liquidación correspondente aos días 1 ao 25 de xaneiro, incrementada co xuro por demora do 10 %.

Por último, absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Marcial Señarís Cambón, en ignorado paradoiro, expido ese edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza