Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14485

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (226/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 226/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Técnicas de Desalinización de Aguas, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fundación Laboral de la Construcción fronte a entidade Técnicas de Desalinización de Aguas, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Técnicas de Desalinización de Aguas, S.A. a que aboe á demandante a cantidade de 214,78 euros, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Técnicas de Desalinización de Aguas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza