Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14481

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3369-2019-CAS 301/19-RMR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3369/2019

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1143/2014 do Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrentes: María Jesús Fisteos Fuentes, Sergio Platas Fisteos, María Platas Fisteos

Avogada: María Teresa Pardiñas Ousinde, María Teresa Pardiñas Ousinde, María Teresa Pardiñas Ousinde

Recorridos: Fogasa, Prointec, S.A., Groupama Plus Ultra Seg. y Reaseg. S.A., Construcciones Dabalpo, S.L.U., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija, Hdi Hannover International Seguros y Reaseguros, S.A., Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Copcisa, Mapfre Global Risks, Alejandra Pérez Fernández, Juan Manuel Garabal Carrillo, Montserrat González Losada, UTE Lavacolla.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa, Ismael Valera Bonet, Luis Abelardo Souto Maqueda, José Antonio Pérez Fernández, José López Fernández, Ismael Valera Bonet, Julio López Taboada, Mónica González Losada, Julio López Taboada, Antonio Manuel Platas Casteleiro, María Carmen Pazos Varela

Procurador/a: Beatriz Dorrego Alonso, Julio Javier López Valcarcel, Jorge Bejerano Pérez, Julio Javier López Valcarcel, Domingo Rodríguez Siaba

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento sobre recurso de suplicación 3369/2019 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Fisteos Fuentes, Sergio Platas Fisteos, María Platas Fisteos contra Prointec, S.A. e outros, sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza: María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 10 de febreiro de 2020.

O anterior escrito subscrito pola letrada María Teresa Pardiñas Ousinde, en nome e representación de María Jesús Fisteos Fuentes, Sergio Platas Fisteos e María Platas Fisteos, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Téñense por feitas as manifestacións recollidas no outrosí digo do escrito.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 da Coruña que a resolución desta sala ten sida impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

E para que sirva de notificación en legal forma a UTE Lavacolla, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza