Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2020 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de construción de actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela, treito rúa Escurrida-Ponte Vella (clave AC/18/024.06).

Con data do 17 de febreiro de 2020, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (Orde do 7 de setembro de 2017, Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro de 2017), visto o informe das alegacións, resolveu o seguinte:

Antecedentes de feito.

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 1 de febreiro 2019, publicouse o Anuncio do 24 de xaneiro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o documento básico: actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela. Treito: rúa Escurrida-Ponte Vella, de clave AC/18/024.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. As administracións afectadas emitiron os correspondentes certificados, e no trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Declarouse, de acordo co artigo 80 la Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, de interese social, a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos contemplados no proxecto de construción: actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela. Treito: rúa Escurrida-Ponte Vella, de clave AC/18/024.06.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, de acordo co establecido nos artigos 18 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e os concordantes do seu regulamento, someteuse ao trámite de información pública a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de construción.

Terceiro. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade é competente para resolver os expedientes de información pública en materia de estradas e informe das administracións afectadas, de acordo co Decreto 26/2019, do 7 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Esta competencia atópase delegada na persoa titular da dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, segundo o artigo 8.1.b) da Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería (DOG núm. 179, do 20 de setembro).

De acordo con todo o exposto, e tralos certificados presentados,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción: actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela. Treito: rúa Escurrida-Ponte Vella, de clave AC/18/024.06, mantendo o trazado proposto como definitivo.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas