Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 14 de febreiro de 2020, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifican a resolución de baixa de oficio e a cancelación da inscrición, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega acordada mediante a Resolución do 9 de xaneiro de 2020.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 14 de febreiro de 2020

María del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Vilela

Mª Sandra Mejuto Buján

Rúa San Antonio, 2

Melide

Bosque Verde

Pizzas Sigrás, S.L.

O Souto, 15, Sigrás

Cambre

El Hórreo

Emérita Blanco Franco

Rúa Sol, 126

Ferrol

Nación Pizza & Pasta

Pizzas Sigrás, S.L.

O Souto, 15, Sigrás

Cambre

Reina Lupa

Oshum Hosteleros, S.C.

A Escravitude, 23

Padrón

Recuncho Portugués

Recuncho Portugués, S.C.

Estrada Santiago de Compostela a Ourense, km 2

Santiago de Compostela

San Cristof 2

Avelino Ríos Carollo

Rúa Montero Ríos, 33, 1º H

Santiago de Compostela

Casa Antonio Blanco

Casa Antonio Blanco, S.L.

Cacheiras, 41

Teo

Patiño Casa

Restaurante Cacheiras, S.L.

Cacheiras, Silveira, s/n

Teo