Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2020 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/68/2018-RP1.

O 24 de xaneiro de 2020, a instrutora do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/68/2018-RP1, pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Cabanas, parroquia de San Vicente de Trasmañó, termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da proposta de resolución a María de los Ángeles Silva Costa e José Miguel de Mingo Silva, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da proposta de resolución que se lles notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística