Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10413

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (723/2019).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia do Instituto Galego da Vivenda e Solo fronte á comunidade de herdeiros de Alberto Fernández García e María Dina Jiménez Dual ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

Sentenza 371/2019

Procedemento ordinario 723/2019-R

María Isabel Suárez García, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense e do seu partido xudicial, dita a seguinte:

Sentenza

Ourense, 17 de decembro de 2019.

Vistos por min, en audiencia pública, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número indicado, sobre resolución de contrato de compravenda de ben inmoble e de reclamación de cantidade, en que foron partes, como demandante, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) asistido pola letrada da Xunta Isabel Álvarez Caramés, como demandados, comunidade de herdeiros de Alberto Fernández García e Mª Dina Jiménez Dual, en rebeldía procesual, recae a presente con base nos seguintes:

Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos xurídicos.

Decido acoller a demanda presentada pola letrada da Xunta de Galicia na representación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), contra a comunidade de herdeiros de Alberto Fernández García e María Dina Jiménez Dual, e, en consecuencia, debo declarar e declaro resolto o contrato de compravenda do 14 de marzo de 1998 e debo condenar e condeno os demandados á devolución da vivenda e ao aboamento das contías debidas por mor do dito contrato, 16.960,28 €, coa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que na súa contra poderán presentar recurso de apelación no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose a dita demandada, comunidade de herdeiros de Alberto Fernández García e María Dina Jiménez Dual, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 14 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza