Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10415

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (726/2018).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María Roibas Loureiro fronte a Zurich España Cía. de Seguros y Reseguros, S.A. e a Laura Fandiño Barreiro ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 158/2019

Xuízo verbal número 726/2018

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: María Roibas Loureiro

Avogado: Sr. Ruiz Permuy

Procurador: Sr. Gómez Martín

Demandados: Laura Fandiño Barreiro e Zurich España Cía. de Seguros

Avogado: Sr. Fernández González

Procurador: Sr. Calviño Gómez

Obxecto: reclamación de cantidade por danos persoais derivados de feitos da circulación.

En Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2019

Resolución

Estimo parcialmente a demanda interposta por María Roibas Loureiro contra Zurich Insurance PLC Sucursal en España (Zurich Seguros) e Laura Fandiño Barreiro e, en consecuencia, condeno os demandados a aboar solidariamente á demandante a suma de 3.637,86 euros, incrementada respecto de Zürich cos xuros do artigo 20 da LCS devindicados desde a data do accidente, 2.2.2018, ata o seu completo pagamento á demandante, e incrementados respecto da codemandada Sra. Fandiño Barreiro cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda.

Todo iso sen imposición de custas, senón que cada parte aboará as propias e as comúns por metades.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

E encontrándose a demandada Laura Fandiño Barreiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza