Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10411

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3603/2019 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3603/2019

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 671/2018. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: letrado da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Micar Estrada de Construcciones, S.L.

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Guillermo Amigo Estrada

Edicto

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3603/2019, en que é recorrente o Instituto Nacional da Seguridade Social fronte á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Micar Estrada de Construcciones, S.L., sobre reintegro de prestacións, ditouse no día da data a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di:

«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do INSS contra a sentenza de 26.3.2019 ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en proceso sobre seguridade social-reintegro, promovido por Mutua Fremap contra o recorrente, TXSS e Micar Estrada de Construcciones, S.L., e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Micar Estrada de Construcciones, S.L., con último domicilio coñecido en Marín, 18, Pontevedra, e actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG e advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza