Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7471

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (127/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución provisional 127/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antía Reino de la Campa contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Impetu, S.L., Central Gym Santiago, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza, Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020

Ao terse procedido á suspensión da comparecencia que viña sinalada no presente auto polas causas que constan na acta de gravación da vista, efectúese nova sinalización de comparecencia, conforme os artigos 240 e 238 da Lei reguladora da xurisdición social, co fin de resolver en relación coa ampliación (subxectiva e obxectiva) da execución, solicitada pola parte executante nos escritos presentados o 5 de agosto de 2019.

Para o efecto, cítense todas as partes debendo ser citada, así mesmo, Central Gym Santiago, S.L., como entidade fronte a que se insta a ampliación subxectiva da execución para o próximo día 18 de febreiro de 2020, ás 12.30 horas, na sala de audiencias núm. 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolle saber que debe de asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes acudidas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta núm. 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social- Reposición”. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Impetu, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza