Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7468

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (634/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamento en xeral 634/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Lareo Sánchez contra Limpiezas El Polígono, S.L., e Áncora Hispania, S.L., sobre despedimento, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva di:

«Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 28 de febrero de 2020, ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non alcanzarse a avinza, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se lle terá por desistida da súa demanda; advertindo igualmente á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosí solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da Lei reguladora da xurisdicción social (LXS), deuse conta ao xuíz con carácter previo e acordouse por resolución desta data mandar que se practiquen as seguintes dilixencias:

Ao primeiro outrosí digo, interrogatorio, procede o solicitado conforme o artigo 90.3 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para ese efecto, fágase saber ás empresas demandadas que deberán comparecer persoalmente ou través de persoa con poder suficiente, e en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertíndolle que en caso de non comparecer poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que, se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeitase declarar ou persistise en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. No caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Respecto á documental, procede o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Requírase os demandados para que acheguen os documentos solicitados, coa advertencia de que, de non facelo, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

No seu caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se for o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

Ao outrosí segundo, tense por anunciado o propósito de comparecer asistida representada de avogado para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS. Cítese como parte ao Fondo de Garantía Salarial para os efectos sinalados no artigo 23 da LXS.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Áncora Hispania, S.L., e Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza