Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 42/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 42/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Álvarez Martínez contra a empresa Espectáculos Dobar, S.L., sobre despedimento, se ditou decreto de insolvencia no día da data, impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede xudicial.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Espectáculos Dobar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza