Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7465

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (216/2018).

Procedemento ordinario 216/2018

Sobre: outras materias

Demandante: Gerco Gabinete Inmobiliario, S.L.

Procuradora: Lucía López Maroto

Avogado: José Antonio Moreno de la Santa Espelosin

Demandada: Dolores Sangiao Cacheiro

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza

Lalín, 21 de novembro de 2019

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo ordinario número 216/2018, por instancia da procuradora Sra. López Maroto, en nome e representación de Gerco Gabinete Inmobiliario, S.L., defendida polo letrado Sr. Moreno de la Santa Espelosin, contra Dolores Sangiao Cacheiro, en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Que estimando integramente a demanda formulada por instancia da procuradora Sra. López Maroto, en nome e representación de Gerco Gabinete Inmobiliario, S.L., defendida polo letrado Sr. Moreno de la Santa Espelosin, contra Dolores Sangiao Cacheiro, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a Dolores Sangiao Cacheiro a aboar a Inmobiliario, S.L. a cantidade de 33.275 euros máis os xuros na forma establecida nos fundamentos xurídicos desta resolución.

Será de cargo da demandada condenada o pagamento das costas procesuais.

Notifíqueselles a resolución ás partes en legal forma, advertíndolles que contra esta poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que non será admitido a trámite se non acreditase a parte interesada ter constituído o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao mazo de sentenzas e autos deste xulgado, e testemuño desta aos autos principais.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Dolores Sangiao Cacheiro, expídese a presente para que lle sirva de cédula de notificación.

Lalín, 22 de novembro de 2019

Antonio Padrón Domínguez
Letrado da Administración de xustiza