Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7463

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (104/2019).

Eu, María Cristina Montero Carré, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá recaeu sentenza con data do 26 de decembro de 2019, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«RPL recurso de apelación (LECN) 104/2019

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 1264/2016

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou en nome de el Rey a seguinte sentenza:

Sentenza 424/2019

Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Julio Tasende Calvo, Carlos Fuentes Candelas

A Coruña, 26 de decembro de 2019

No recurso de apelación civil número 104/2019, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primera Instancia número 1 da Coruña, en xuízo ordinario número 1265/2016, seguido entre partes: como apelante: Juan José Masoliver Siguenza, representado polo/a procurador/a Sr/a. Pérez Lizarriturri; como apelado: Antonio Blanco Gordo, representado polo/a procurador/a Sr/a. Rodríguez Alfonso e en situación de rebeldía procesual Distribuidora Multimarca de Queso, S.L. sendo relator Julio Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Decidimos:

Desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Juan José Masoliver Siguenza contra a sentenza recaída no xuízo ordinario número 1264/2016, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución, condenando a parte apelante ao pagamento das custas desta alzada.

Esta sentenza non é firme e contra esta cabe recurso de casación por interese casacional e, se for o caso, conxuntamente recurso extraordinario por infracción procesual.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Distribuidora Multimarca de Queso, S.L., expido e asino o presente edicto. Dou fe.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza