Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7461

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de Xefatura de Sección de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora-Área de Queimados, convocado mediante a Resolución do 19 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 191, do 8 de outubro).

Convocada mediante a Resolución do 19 de setembro de 2019 (DOG nº 191, do 8 de outubro) a provisión dun posto de Xefatura de Sección de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora-Área de Queimados, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de Xefatura de Sección de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora-Área de Queimados, convocado mediante a Resolución do 19 de setembro de 2019 (DOG nº 191, do 8 de outubro).

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. A aspirante seleccionada deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarada nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2020

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee

ANEXO

Denominación do posto: Xefatura de Sección de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora-Área de Queimados.

Nome e apelidos: María Eugenia López Suso.

DNI (*): ***3850**

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.